29 nov 2011

2ª reunión do CLUB


O luns 28 xuntámonos novamente para falar de "Intercambio con un inglés". Esta vez contamos coa presencia de dúas novas "laretas", Lara e Andrea de 3º ESO.

As opinións sobre a obra escollida foron variadas, predominando as críticas a un argumento demasiado lineal, un tanto previsible se cabe, e a un final (en palabras textuais de Lara) "que non ten xeito".
SI coincidimos todos en que a caracterización da nai do protagostina nos recordou en moitos detalles a calquera das nosas nais, pero quizás esperábamos máis da autora á hora de dar vida a Jasper, o rapaz inglés que chega (sin querelo nin bebelo) á casa de Ewald, o narrador e protagonista do relato.

Falamos de tópicos, de prexuizos, de castigos e premios, de ilusións rotas cos regalos de cumpleanos (especialmente cando abandonamos a infancia e empezamos a facernos adultos)...

Ó remate da sesión, e tras algunha que outra reticencia a ler en galego, quedamos emprazados para a volta das vacacións de nadal, o 16 de xaneiro, coa lectura de "AS SETE MORTES" de Carlos Vila Sexto.

26 nov 2011

"CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA"



O pasado día 7 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza deste curso dos "Laretas". Como vedes nas fotos, para ir rompendo o xeo e coñecernos mellor, compartimos unhas pizzas quentiñas que fixeron a boca auga a todos os que por alí se acercaron.
Foi tamén a ocasión de dar a benvida ó club a dúas lectoras: Alba e Tatiana, de 4º ESO

A lectura que compartimos esta vez foi "Cuando Hitler robó el conejo rosa", de Judith Kerr, unha noveliña sinxela pero apaixoante, que nos fixo compartir as tribulacións da protagonista, Anna, e a súa familia cando se ven obrigados a abandonar o seu fogar en Berlin, fuxindo da expansión do nazismo nos anos previos ó estoupido da 2ª Guerra Mundial.

Unha noveliña moi recomendable, de fácil lectura, que nos acercou ás experiencias vitais dunha familia xudea obrigada a deixar atrás todo o que aman (liberdades, familia, amizades...)

2 nov 2011

PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB con "CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA"

Un recordatorio para todos os "Laretas" do Poeta Añón: lembrade que a nosa primeira cita deste curso será o vindeiro luns día 7 de novembro á hora do xantar.
Xa sabedes que a reunión xirará ó redor do libro "CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA" de J. Kerr, título que nos foi facilitado polos compañeiros do "IES Fraga de Novio" de Porto do Son.

Aquí van un par de vídeos en relación coa temática desta noveliña:
O primeiro procede da película de Charles Chaplin, "El Gran Dictador" (metraxe moi recomendable que tedes á vosa disposición na biblioteca) e que se corresponde a esa escea maxistral na que o protagonista, Adenoid Hynkel, xoga co mundo parodiando a figura do personaxe real que todos coñecemos e que se menciona no libro.


O segundo vídeo permitiravos ver, dun xeito moi gráfico e resumido as distintas fases do conflicto europeo dende 1939 a 1945.Os comentarios a pe de imaxe están en inglés pero seguro que non tedes problema en entendelos.