29 nov 2011

2ª reunión do CLUB


O luns 28 xuntámonos novamente para falar de "Intercambio con un inglés". Esta vez contamos coa presencia de dúas novas "laretas", Lara e Andrea de 3º ESO.

As opinións sobre a obra escollida foron variadas, predominando as críticas a un argumento demasiado lineal, un tanto previsible se cabe, e a un final (en palabras textuais de Lara) "que non ten xeito".
SI coincidimos todos en que a caracterización da nai do protagostina nos recordou en moitos detalles a calquera das nosas nais, pero quizás esperábamos máis da autora á hora de dar vida a Jasper, o rapaz inglés que chega (sin querelo nin bebelo) á casa de Ewald, o narrador e protagonista do relato.

Falamos de tópicos, de prexuizos, de castigos e premios, de ilusións rotas cos regalos de cumpleanos (especialmente cando abandonamos a infancia e empezamos a facernos adultos)...

Ó remate da sesión, e tras algunha que outra reticencia a ler en galego, quedamos emprazados para a volta das vacacións de nadal, o 16 de xaneiro, coa lectura de "AS SETE MORTES" de Carlos Vila Sexto.

26 nov 2011

"CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA"



O pasado día 7 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza deste curso dos "Laretas". Como vedes nas fotos, para ir rompendo o xeo e coñecernos mellor, compartimos unhas pizzas quentiñas que fixeron a boca auga a todos os que por alí se acercaron.
Foi tamén a ocasión de dar a benvida ó club a dúas lectoras: Alba e Tatiana, de 4º ESO

A lectura que compartimos esta vez foi "Cuando Hitler robó el conejo rosa", de Judith Kerr, unha noveliña sinxela pero apaixoante, que nos fixo compartir as tribulacións da protagonista, Anna, e a súa familia cando se ven obrigados a abandonar o seu fogar en Berlin, fuxindo da expansión do nazismo nos anos previos ó estoupido da 2ª Guerra Mundial.

Unha noveliña moi recomendable, de fácil lectura, que nos acercou ás experiencias vitais dunha familia xudea obrigada a deixar atrás todo o que aman (liberdades, familia, amizades...)

2 nov 2011

PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB con "CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA"

Un recordatorio para todos os "Laretas" do Poeta Añón: lembrade que a nosa primeira cita deste curso será o vindeiro luns día 7 de novembro á hora do xantar.
Xa sabedes que a reunión xirará ó redor do libro "CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA" de J. Kerr, título que nos foi facilitado polos compañeiros do "IES Fraga de Novio" de Porto do Son.

Aquí van un par de vídeos en relación coa temática desta noveliña:
O primeiro procede da película de Charles Chaplin, "El Gran Dictador" (metraxe moi recomendable que tedes á vosa disposición na biblioteca) e que se corresponde a esa escea maxistral na que o protagonista, Adenoid Hynkel, xoga co mundo parodiando a figura do personaxe real que todos coñecemos e que se menciona no libro.


O segundo vídeo permitiravos ver, dun xeito moi gráfico e resumido as distintas fases do conflicto europeo dende 1939 a 1945.Os comentarios a pe de imaxe están en inglés pero seguro que non tedes problema en entendelos.

19 oct 2011

XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO!

Aínda que puidera parecer que desaparecéramos do espectro Internet, como ben vedes aqui estamos de novo. Certo é que non demos sinais de vida nos últimos 6 meses. Como dicían os clásicos "TEMPUS FUGIT" e a verdade é que non tivemos tempo  de compartir convosco as nosas últimas xuntanzas.

Aínda que xa queda un pouco lonxe, no mes de abril compartimos a lectura de "El lugar de los murciélagos" de Joan Gisbert. Houbo variedade de opinións sobre o libro e, curiosamente, a reunión rematou falando de falando de güijas, futuroloxía e quiromancia. Realmente pasamos un bo rato e botamos unhas risas  como vedes nas fotos.



Pero, por desgraza, tamén tivemos momentos de tristura en relación coa nosa  última lectura do curso 2010-2011. "A miña pranta de laranxa lima" emocionounos a todos sen excepción pero ademais, o inicio deste curso troúxonos a triste, triste nova do pasamento de Mª Dolores, a profesora do IES Luis Seoane de Pontevedra que nos facilitara os exemplares para o noso club.

Aínda que un pouco tarde, tamén nos gustaría dende este recuncho facerlle chegar o noso agradecemento, sumándonos a tódalas bibliotecas escolares de Galicia que elaboraron este documento en homenaxe a esta profesora e bibliotecaria.


Comezamos o curso con tristeza.

Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto!  Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.

Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares

posanollocurtiscambre 
jdoloresj
 teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig 
 

2 abr 2011

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, conmemorando o día do nacemento de HANS CHRISTIAN ANDERSEN.
Con este motivo, a IBBY (International Board on Books for Young People ou Organización Internacional do Libro Xuvenil) encarga cada ano a un país membro a edición dun cartel (o deste ano podedes velo na imaxe) e dunha mensaxe dirixida a tódolos rapaces do mundo. Este ano tocoulle o turno a Estonia, representada pola escritora Aino Pervik e polo ilustrador Jüri Mildeberg. Se premedes AQUÍ teredes acceso ó tríptico conmemorativo difundido pola OEPLI (sección española da IBBY) e titulado "O LIBRO LEMBRA"

31 mar 2011

VAI DE AMOR...

Unha das máis ávidas lectoras do club (Lucía Trillo Cienfuegos de 2ºB) recoméndanos estas dúas novelas :

EL CLUB DE LOS CORAZONES SOLITARIOS ( Elisabeth Eulberg)

ARGUMENTO: A Penny Lane rompeulle o corazón o amor de toda a súa vida. Desengañada e afundida, xura non volver pensar nin saír máis co sexo oposto, polo menos, no que queda do instituto. Aínda que ao principio as súas amigas tómana por tola, ao final, todas van tendo problemas cos mozos, polo que o Club dos Corazóns Solitarios vai empezando a contar con decenas de socias. Con isto, gañásense a antipatía dos mozos do instituto e ata, o propio director, pediralles que disolvan o club

"Amor. Una palabra importante a lo largo de la vida. A veces te ríes de ella, otras suspiras por ella, otras prácticamente la desprecias. La razón de todas estas reacciones es que el amor conlleva con él a los chicos. ¿A quien no le han roto el corazón alguna vez? O incluso más importante... ¿cómo recuperarse del amor? Este libro contiene la respuesta". (Lucía, 2ºB)

PERDONA SI TE LLAMO AMOR (Federico Moccia)

ARGUMENTO:Niki é unha moza madura e responsable que cursa o seu último ano de secundaria. Alessandro é un exitoso publicista de 37 anos a quen acaba de deixar a súa noiva de toda a vida. A pesar dos 20 anos de diferenza que hai entre ambos e do abismo xeracional que os separa, Niki e Alessandro namoraranse locamente e vivirán unha apaixonada historia de amor en contra de todas as convencións e prexuízos sociais.

"Una chica. Un hombre. Un amor fuera de las reglas de la sociedad. Siente como te atrapa en cada página los sentimientos del amor. En este libro se cuenta como lo que una palabra tan simple como "amor" encierra: principios, comienzos, disgustos, alegrías, misterio, aventura y sobre todo más sentimientos de los que puedes imaginar". (Lucía, 2ºB)

21 mar 2011

IN MEMORIAM: MIL PRIMAVERAS MÁIS

"Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".

ÁLVARO CUNQUEIRO

2ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Como xa vos comentáramos, hoxe era o día fixado para celebrar o segundo encontro do club. A disculpa esta vez era a lectura do libro "EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA". E dicimos "a disculpa", porque como soe acontecer, nunca sabemos os derroteiros polos que pode transcurrir a xuntanza.






Tralo pertinente xantar reconstituínte, tivemos ocasión de coñecer máis de cerca ó autor do libro, o prolífico Jordi Sierra i Fabra. (Se vos interesa compartir alguns detalles da súa vida e traxectoria premede AQUÍ). En canto á novela en sí, houbo diversidade de opinións como podedes comprobar nos comentarios.


LEMBRADE QUE PODEDES DEIXAR A VOSA OPINIÓN CLICANDO NO TÍTULO DO POST!!

18 mar 2011

MÁIS OPINIÓNS



CREPÚSCULO de Stephenie Meyer

Es un libro que relata el amor, sus dificultades y también alguna que otra cosa positiva. La autora del libro lo lleva al extremo del romance entre una chica normal y un vampiro. (Lucía Trillo Cienfuegos, 2ºB)

15 mar 2011

OPINIÓNS DOS LECTORES


RELATOS DE FANTASMAS de Steven Zorn
Gustoume este libro porque a min gústanme os libros de terror. Aparecen esceas de suicidios, asesinatos,... .

Pero tamén me parece un pouco esaxerado que a un home lle creza o pelo cando pode quitar a súa cabeza. A escea que máis me gustou foi a do cabaleiro negro sen cabeza. Pero que o cabalo deste cabaleiro teña a cabeza tan grande como o corpo é unha trola. SABINO LEMA (1ºA)

SÉ LO QUE ESTÁS PENSANDO de John Verdon



Una historia muy original. Me gustó mucho. El libro te mantiene en tensión hasta el final. El protagonista, un policía retirado, debe enfrentarse a un asesino psicópata capaz de leer la mente. Una persecución por los Estados Unidos que terminará de forma totalmente inesperada. SERGIO MAYO (2º B)


EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA


De seguro que a máis de un se vos ten pasado pola cabeza facer o que suxire o título con algún que outro profesor (non só de lingua). Pero con este libro de Jordi Sierra i Fabra ides levar unha sorpresa porque a historia non é como aparenta ser...

Se queredes descubrir que ocorre realmente, invitámosvos a ler o libro e a compartir as todos xuntos as nosas impresións na próxima reunión do club de lectura, o vindeiro LUNS 21 DE MARZO.
E NON ESQUEZADES O XANTAR!!!

14 mar 2011

A MANSIÓN DOS PAMPÍN

O primeiro libro escollido para o noso club foi "A MANSIÓN DOS PAMPÍN" de Miguelanxo Prado, un albúm de banda deseñada que lle foi encargado polo Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) e que forma parte do Proxecto Terra (por se vos interesa ler unha versión en formato vídeo coas voces do alumnado do IES Ferrolterra -Ferrol-, premede AQUÍ) A lectura permiteunos reflexionar sobre os cambios que está a experimentar o espazo no que vivimos: a transformación do rural, a especulación inmobiliaria, o feísmo, os "novos ricos"... foron algúns dos temas que xurdiron durante a reunión. Grazas ás novas tecnoloxías, ó remate da sesión pudemos contemplar algunhas fotografías (recopiladas  polo xornal La Voz de Galicia -edición dixital- baixo o título CHAPUZAS) que recollen escenas habituais na paisaxe galega. Queremos compartilas con todos vós así que aquí tedes unha selección feita por un profe do IES Afonso X de Cambre, con comentarios incluídos.

14 feb 2011

POR FIN UN CLUB DE LECTURA no IES POETA AÑÓN!!

Hoxe día 14 de febreiro estamos de estreno: o día escollido para a inauguración do primeiro club de lectura do noso IES foi casual. Pero... por que non? Que mellor ocasión para reunirnos e celebrar o noso AMOR polos libros, compartindo o xantar de maneira distendida e intercambiando impresións sobre a lectura escollida.


Para todos aqueles que , por timidez, descoñecemento, medos varios, ou pola razón que sexa, non vos atrevérades a incorporarvos a el, vos ofrecemos algunhas fotografías que mostran como transcurreu o noso primeiro encontro.

PRIMEIRO ENCONTRO DO CLUB on PhotoPeach

Só lembrarvos que aínda estades a tempo para apuntarvos ás seguintes sesións. Recordade que:


  • As reunións terán lugar os luns, tralas clases da mañá. Como é o único día que temos clases pola tarde, non hai problemas de transporte para ninguén.

  • Para ir "rompendo o xeo", compartimos entre todos o momento do xantar, un xantar relativamente rápido (entre 30 e 40 minutos) e frugal ( non dá tempo a comer un cocido)

  • Unha vez cargadas as baterías de enerxía, pasamos á sesión "salón de tertulias". Aí pode pasar DE TODO unha vez que nos poñemos a falar. Partindo da lectura do libro proposto 4 semanas antes (libro que tratamos de facilitar dende a biblioteca), cada membro do club pode facer as reflexións que considere oportunas.

  • Lembrade que NON É UNHA ACTIVIDADE ACADÉMICA. Non se pon nota nin se fan exames. Trátase de reflexionar en alto sobre o que se leu e, se é posible, enriquecer as lecturas co visionado de algún documento ou película relacionado coa temática do libro.